Actualidad

Proxecto cofinanciado pola Deputación Da CoruñaFundación Mujeres organiza un obradoiro de Risoterapia como peche do programa de apoio ás coidadoras en San Sadurniño

Imagen noticia

Ben é sabido as innumerables vantaxas da risa e a súa influenza positiva no benestar físico e mental. A risa non só axuda a liberar tensións e estrés, senón que tamén aumenta o noso sistema defensivo e inmunolóxico. Poriso,dentro das accións enmarcadas dentro do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, proxectoexecutado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputacón da Coruña, a semana pasada levouse a cabo unha sesión de risoterapia. Durante as dúas horas que durou a actividade, se promoveu a risa a través de xogos, bailes, lecturas e exercicios grupais.

 

As usuarias quedaron encantadas e agotadas de tanto rir. Marchaban con ganas de repetir e preguntando cando íamos retomar os talleres da Fundación Mujeres, porque os ven moi beneficiosos para facerlles máis levadeira a súa situación de coidadoras non profesionais e para mellorar o seu plano físico e psicolóxico.

 

Dende a Fundación consideramos moi importante ter este tipo de sesións complementarias para axudar ás participantes a desinhibirse, aumentar a empatía dentro do grupo e pasar un rato agradable cheo de gargalladas.

 

Queremos dar as grazas a Rosalía Fernández, psicóloga de Recordando Estimulación Cognitiva, por coloborar connosco impartindo esta actividade.