Actualidad

O Servizo de Apoio Integral a Coidadoras da área de Coruña segue a medrar ampliando o seu ámbito de incidenciaComeza un novo curso de Cuidadanas no centro de día Recréate La Plaza, no barrio do Ventorrillo, en A Coruña

Logo Cuidadanas

A maioría das persoas usuarias do centro de día Recréate contan con algún tipo de deterioro cognitivo. O centro ofrece ás persoas usuarias un amplo abano de actividades para fomentar a estimulación física, cognitiva e motora e, de maneira indirecta, ofrece tamén ás familias das usuarias a posibilidade de contar cun tempo libre das tarefas directas de coidados.

Así é todo, as cargas e o estrés que van acumulando as coidadoras das persoas dependentes é moi alto, acusando como consecuencia disto malestares físicos, emocionais e relacionais. Xa que logo, dende o centro de día Recréate viuse a necesidade de poder ofrecer ás familiares das persoas usuarias algún recurso que axudara a mellorar o seu benestar e a súa saúde de maneira integral.

A intervención de Fundación Mujeres desde o seu programa do SAIC Coruña pretende precisamente ofrecer ás coidadoras uns talleres que promovan o seu benestar persoal e que axuden a mellorar os seus niveis de autoestima, moitas veces mermada debido ás actitudes nocivas que se van adquirindo no proceso de ter que coidar a unha persoa dependente a tempo completo.

Os talleres que se van impartir no centro de día Recréate La Plaza serán:

-          Saúde e Autocoidado: “Quen coida de min?”

-          Habilidades comunicativas: “Como poñer límites e non morrer no intento”

-          Relaxación e conciencia corporal: “1,2,3, respira outra  vez”

Os obradoiros terán lugar no propio centro tódolos xoves en horario de 10:30 a 12:30 até o día 22 de novembro.