Actualidad

Aprendendo a distinguir as nosas emociónsObradoiros sobre a Xestión Emocional en Abegondo

Logo Cuidadanas

No Concello de Abegondo rematamos a semana pasada co obradoiro dedicado a recoñecer e distinguir as nosas Emocións, dentro do Servizo de Apoio Integral a persoas Coidadoras no Medio Rural, cofinanciado pola Deputación da Coruña.

 

O longo de tres xornadas intentamos crear un ambiente cheo de confianza onde poder expresar as nosas emocións sen sometelas a censura. Tamén intentamos estar moi atentas as nosas sinais físicas xa que son a maneira de reflexar o noso estado emocional e destacamos tódalas intencións positivas que transmiten emocións coma o medo, rabia, tristeza, alegría e culpa.

 
As usuarias participantes admitiron que en moitas ocacións a maneira de definir o seu estado persoal era expresando frases coma: “Síntome mal pero non sei porque”. Aquí traballamos a maneira de observarnos, de reflexionar sobre nós mesmas para intentar profundizar neses estados emocionais difíciles de distinguir.

 

 Desta maneira o longo destas xornadas fomos desenrolando estratexias para avaliar e xestionar as nosas emocións de manera saúdable, combinando presentacións teóricas e a realización de actividades e dinámicas individuais e grupais, fomentando en tódolos casos a interación de tódalas participantes neste obradoiro.
 
E unha pregunta que vos fago para que traballedes todas dende a vosa casa, sabedes recoñecer as vosas emocións? Votádelle un ollo a foto que vos adxunto para axudarvos.