Actualidad

Finaliza un novo curso de Cuidadanas dentro do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras da cidade de A Coruña, subvencionado pola Xunta de GaliciaRematamos os talleres coas mulleres coidadoras no centro de día Recréate de A Coruña

Imagen noticia

Durante o transcurso deste obradoiro, as participantes compartiron diferentes anécdotas, historias e episodios das súas vidas que marcaron un antes e despois no seu proxecto vital. A maioría das usuarias manifestaron que coidar a unha persoa dependente, comporta unha serie de sacrificios a nivel físico, emocional, social e económico. Este feito constituíu o punto de partida dos talleres, xa que a través das súas experiencias abordáronse temas sobre a saúde (a nivel físico, mental e social), o auto coidado e xestión do tempo (referente ao tempo que se dedican a elas mesmas fisicamente, socialmente, e á importancia de ter un espazo propio) e as habilidades comunicativas, onde puxeron en prácticas os distintos estilos comunicativos e analizaron algúns dos factores que facilitan e dificultan a comunicación coa persoa á que coidan no seu día a día, co obxectivo de mellorar a calidade nos coidados e na comunicación.