Actualidad

Despois de dous meses e medio, rematamos o ciclo de talleres en PontedeumeCelebramos o último día de talleres en Pontedeume

Logo Cuidadanas

O mércores 28 de novembro celebramos o derradeiro día de obradoiros no Concello de Pontedeume.

 

Durante este tempo traballamos entre todas a nosa autoestima, o noso autocoidado, tratamos de mellorar as nosas habilidades comunicativas e fixemos conciencia do noso corpo aprendendo técnicas de relaxación.

 

Seguindo as opinións persoais das usuarias, ó remate destas sesións, comentaron que se sentían mellor consigo mesmas e se valoraban moito máis coma mulleres e coma coidadoras.

 

Tamén engadiron que estas xuntanzas lles axudaron a coñecer as súas necesidades e os seus medos para facerlles frente, e valoraron moitísimo a compañía e comprensión das demais compañeiras. Destacaron tamén que agora teñen máis inicitiva á hora de tomar decisións.

 

Todas elas dixeron estar moi agradecidas á Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña por teres este tipo de iniciativas e sinalaron que lles gustaría repetir a experiencia.

 

Sen dúbida, este grupo de coidadoras atoparon o espazo adecuado para compartir as súas experiencias sen tabúes, falar das súas inquedanzas e sentirse entendidas por outras mulleres na mesma situación.