Actualidad

Esta semana rematamos a última sesión dos talleres do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do concello de BergondoPechamos unha nova edición do SAIC Rural no concello de Bergondo

Imagen noticia

Remata unha nova edición do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras na Casa da Cultura de Bergondo, onde comezamos no mes de outubro e acompañamos ás mulleres coidadoras durante 9 sesións.

Durante estes meses, impartimos diferentes talleres de cara a mellorar a autoestima e a saúde integral das mulleres que participaron neles.

Algunhas das temáticas que se abordaron foron:

-          Identidade e Proxecto vital

-          Xestión do Tempo

-          Xestión Emocional

-          Habilidades comunicativas

-          Corresponsabilidade

As mulleres participantes apuntaron ter acadado novas chaves para transitar a súa situación actual como coidadoras de persoas dependentes, así como novos estímulos para incorporar pautas de autocoidado e de autoamor nas súas vidas, de cara a consecución dun benestar maior no seu día a día.

Darse tempo para sí propias, valorar os seus logros e o seu traballo no labor dos coidados, coñecer as súas necesidades, lexitimalas e priorizalas de cando en vez fronte ás dos e das demáis, respetarse e valorarse tal e como unha é… foron algunhas das achegas que fomos traballando e reforzando ao longo dos talleres e que agora as mulleres levan consigo para incorporar no seu cotía.