Actualidad

Peche dos obradoiros por esta temporada en CulleredoAs coidadoras finalizan os obradoiros dentro do SAIC Rural en Culleredo

Imagen noticia

As temáticas traballadas nos meses de outubro e novembro foron hábitos saudables, o autocoidado, a relaxación, a autoestima e a historia de feminismo, co propósito de mellorar a calidade de vida das usuarias. Todos estes contidos serviron para que as usuarias se atopen mellor consigo mesmas física e moralmente. Ademais, creouse un ambiente solidadrio entre elas que deu lugar a que xurdisen redes de apoio.

 

A importancia destes obradoiros recae en que as usuarias se dediquen tempo para elas mesmas, xa que en moitas ocasións non dispoñen del, á par que lles axuda a saír das súas preocupacións por un rango de tempo. A maioría delas manifestaron o desexo de que se volvan a impartir xa que lles resultou curto o curso.

 

Como peche de todas estas sesións, o día 26 de novembro leváronse a cabo distintas actividades lúdicas co propósito de desenvolver a creatividade, a autoestima, a comunicación entre elas e a motricidade entre outras habilidades, xa que se realizaron dinámicas onde era necesario o movemento corporal e a relación entre elas.