Actualidad

Despois de dous meses, rematamos os obradoiros en Ordes, provincia da CoruñaDamos por concluída a tempada de obradoiros en Ordes

Imagen noticia

A través de explicacións, teorías, prácticas e dinámicas, traballamos entre todas temas coma a xestión emocional. Aprendemos a diferenciar entre emocións e sentimentos, identificamos a nosa linguaxe corporal ao manifestar as nosas emocións, buscamos o significado e a intención positiva de cada unha delas e, por último, intentamos xestionalas a través do noso autocoñecemento.

 

Sabemos que a situación dos coidados conleva un alto grado de estrés, manifestándose a través de pensamentos negativos, rabia, irritabilidade, tristeza, culpabilidade, angustia, soidade, dificultades para concentrarse… por iso dende o proxecto Cuidadanas adicamos varias xornadas para traballar a importancia dos nosos pensamentos e das nosas emocións, dando unha serie de pautas e técnicas moi fáciles de apricares na nosa vida cotiá.

 

Outros temas que traballamos é o das relacións afectivas, o chantaxe emocional e falamos tamén da historia do Feminismo, recordando as mulleres da nosa vida.

 

Dende o comezo destes talleres, as mulleres integrantes mostráronse moi unidas, participativas e con ganas de asistires a tódalas xuntanzas para seguir aprendendo e contrastando as diversas opinións e maneiras de facer.

 

Todas elas pediron que por favor se repetiran estes talleres, xa que lles axudaban a mellorar o seu estado de ánimo.