Actualidad

Foron dous meses e medio nos que compartimos experiencias, vivenzas e recordos con total liberdadeConcluimos o ciclo de obradoiros no Concello de Abegondo

Imagen noticia

Despois de tratar temas coma a xestión emocional, a corresponsabilidade das tarefas familiares e habilidades comunicativas rematamos o ciclo de obradoiros no Concello de Abegondo.

 

 

Nestes talleres, que tiveron un total de 22 horas, traballamos contidos moi importantes para as coidadoras á hora de relacionarse con outras persoas así como para previr e resolver situación difíciles.

 

Desenvolvemos especialmente temas coma o sentimento de culpa, tan acusado entre tódalas participantes por sufrilo en tódolos aspectos da súa vida, e o chantaxe emocional para aprender a detectalo e ser consciente de que se pode por freo con constancia.

 

O ambiente que acadamos de confianza fixo que todas nós encontrásemos un espazo no que poder expresar os nosos pensamentos e sentimentos sen ataduras. O resultado destas xuntanzas foi tan positivo que quedan a espera de repetir para a próxima tempada e coa ilusión de tratar novos temas tan interesantes e prácticos para o seu día a día.