Actualidad

Este venres celebramos a última sesión do programa SAIC en CambreEsta semana as mulleres coidadoras do SAIC no Concello de Cambre recibiron os diplomas como peche de temporada

Logo Cuidadanas

Durante o transcurso destes obradoiros, abordamos diferentes temáticas co obxectivo de mellorar a saúde psicolóxica, emocional e social das mulleres coidadoras do ámbito rural na provincia da Coruña.

 

 

Neste concello os temas que tratamos ao longo de dous meses foron tales coma a xestión do tempo, identidade e proxecto vital, xestión emocional, corresponsabilidade familiar e relacións afectivas.

 

Seguindo as opinións persoais das usuarias sobre estes obradoiros, destacaron que este tipo de xuntanzas axudáronlles a mellorar o seu estado de ánimo ademais de tomar conciencia sobre a importancia de dedicarse tempo a elas mesmas. Neste sentido, outra das melloras que fixeron foi que, grazas a asistir a estes obradoiros, adquiriron novas técnicas para facerlles fronte a determinadas situacións das súas vidas cotiás. Tamén fixeron fincapé en que se teñen que querer máis a si mesmas coidándose e mimándose moito máis. Por outra banda, sentiron que houbo moita comprensión e entendemento por parte do grupo á hora de compartir experiencias de carácter persoal.