Actualidad

Tratase dun Proxecto cofinanciado pola Deputación da Coruña.Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural.

Imagen noticia

Con este Servizo, que xa leva 7 anos, contribuímos a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e a promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables.

Mediante as actividades grupais nas que participan, se reforzan as relación sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación.
 
A formación en materia de autocoidado, saúde, habilidades de comunicación, resolución de conflitos, xestión do tempo, así como o coñecemento dos recursos existentes nos seus municipios, pretenden que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención. 
 
Este Servizo levase a cabo en Culleredo, Bergondo, Abegondo, Curtis-Teixeiro, Ortigueira, Sada, Ordes, San Sadurniño, Pontedeume e este ano súmanse os concellos de Cerceda e Frades.