Actualidad

En colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais “As Berenguelas”Fundación Mujeres participa na Feira do Día Internacional da Muller Rural

Imagen noticia

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar a Feira con Motivo do Día Internacional da Muller Rural en Celas de Peiro en Culleredo, Concello que colabora en varios proxectos coa Fundación Mujeres. 

Durante todo o día se mostraron proxectos xestionados por mulleres da bisbarra: A Castrexa; As Camposeiras; Cholita de Corme; Eco e Natural; Floradeira; Libraría Entrecontos; Libraría Piedra, Papel, Tijera, entre outras emprendedoras.
 
A feira tamén contou coa presenza dunha monologuista e actuacións de diversas agrupacións de folk tradicional.
 
Ao stand da Fundación Mujeres achegouse bastante xente para coñecer de primeira man os servizos da entidade.