Actualidad

Concluído o primeiro taller do SAIC Rural de Teixeiro cun total de 12 mulleres participantesRemata con éxito o taller de Habilidades Sociais en Curtis-Teixeiro

Imagen noticia

O pasado día 8 de outubro comezaba unha nova edición do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no concello de Curtis-Teixeiro, que este ano chega xa á súa terceira edición.

Desta volta, faremos cinco talleres diversos coas mulleres coidadoras non profesionais: Habilidades Sociais, Regulación de Conflictos, As Cousas do Querer, Historia do Feminismo e Relaxación.

O pasado martes día 8 comezamos co taller de Habilidades Sociais, que se desenvolveu ao longo de dúas sesións, rematando o martes día 15. Durante o desenvolvemento do mesmo, traballamos diferentes aspectos como as negociacións, a asertividade, a empatía, a escoita activa, os diferentes estilos comunicativos… Chegando a conclusións moi esclarecedoras como as dificultades que temos para por límites, para dicir que non, e para saírnos do noso rol de coidadoras aprendendo a demandar axuda e a delegar noutras persoas.

Unha experiencia moi nutritiva para este comezo de curso coas mulleres do SAIC de Curtis-Teixeiro.