Actualidad

Volvemos a Ortigueira co SAIC Rural para ofrecer ás mulleres coidadoras un servizo de acompañamento e apoio no seu día a díaComezamos o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no concello de Ortigueira

Imagen noticia

O pasado mércores día 16 comezamos en Ortigueira o programa de atención e acompañamento a mulleres coidadoras non profesionais do medio rural. Desta volta, imos desenvolver un total de catro talleres coas mulleres partipantes, co obxectivo de aportar ferramentas para o seu empoderamento persoal e tamén para o seu desenvolvemento social.

Contaremos cos seguintes talleres:

-         -  “Como coidar a quen coida: Rumbo á miña vida”

-          - “Mellorando as miñas Habilidades Socias”

-          - “Xestión emocional: A arte das emocións”

-          - “Historia do Feminismo: as mulleres da nosa vida”

     Desta volta temos a 12 mulleres apuntadas para participar no programa, o que valoramos como unha moi boa participación.

Os talleres desenvolveranse ao longo de oito sesións que se prolongarán até o vindeiro mércores día 4 de decembro, no edificio de Servizos Sociais de Ortigueira.