Actualidad

A xornada tivo lugar no CIM coa colaboración da asociación Stop Accidentes.As Cuidadanas asisten a un obradoiro sobre seguridade vial

Imagen noticia

Na mañá do 28 de novembro tivo lugar un obradoiro organizado por Fundación Mujeres en colaboración coa Asociación STOP ACCIDENTES e impartido por Davinia García, psicóloga de dita entidade, para promover un cambio cultural sobre a seguridade vial.

Este taller foi útil para informarse e concienciarse sobre a seguridade vial e para reducir a violencia na estrada e os seus efectos. Tamén se tomou conciencia dos múltiples riscos que toma a cidadanía tanto ó volante como camiñando pola rúa. 
 
Foi un espazo de participación no que aprender dunha forma interactiva tanto normas viais así como erros que cometemos no noso día a día ou precaucións que debemos ter á hora de circular pola estrada.
 
Agradecer novamente ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) pola colaboración coa nosa entidade para levar a cabo esta actividade.