Actualidad

Museo de Belas Artes da CoruñaVisita guiada á exposición "Pinceladas Ocultas"

Imagen noticia

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a exposición “Pinceladas ocultas” sobre a obra de Francisco Collantes, que esconde unha imaxe oculta que foi descuberta no proceso de restauración do cadro polo Museo e pola Unidade de Arqueometría da Universidade de Santiago.

Instalada na sala da exposición permanente do museo, a mostra explica o proceso de restauración da obra no laboratorio do museo, onde someteuse a un proceso de limpeza e tratamento de tintes moi escurecidos e o significado da iconografía, tanto da visible como da oculta a través de obras relacionadas.
 
Así mesmo, incorpora obras cedidas polo Museo do Prado, pola Biblioteca Nacional ou pola Real Academia Galega de Belas Artes como puntos de reflexión para interpretar a figura oculta do lienzo.
 
Na exposición tivo lugar unha proxección na que se pode apreciar o estado de conservación do cadro e dun catálogo co método e os resultados deste proxecto de investigación.
 
As 21 mulleres asistentes o mércores 27 de novembro destacaron o novidoso desta exposición que lles permitiu coñecer mellor o proceso de restauración da obra e o significado da iconografía da mesma.
 
Agradecer ao Museo de Belas Artes a colaboración con Fundación Mujeres para desenvolver esta actividade.