Actualidad

As usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras desfrutaron dunha gran cantidade de obras de arte do polifacético Luis Seoane.Visita “O Legado de Maruxa Seoane” no Museo de Belas Artes da Coruña.

Imagen noticia

Foi a primeira actividade do ano do Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e tivo una gran acollida por parte das coidadoras. A visita, enmarcada nos Espazos de Participación deste Servizo para favorecer a activación social das usuarias, estivo dinamizada por unha guía especializada que lles acercou ás coidadoras obras recoñecidas do autor galego Luis Seoane dunha forma técnica e amena. As asistentes puideron contemplar as obras que a muller do autor, Elvira Fernández (Maruxa Seoane), se encargou de conservar e fomentar o retorno e difusión destas obras do seu marido a Galicia.

A actividade constaba dun percorrido pola vida e obra do autor, poñendo un especial acento á figura de Maruxa Seoane como promotora deste gran legado. Na colección represéntase un amplio abanico de temas e técnicas que comezan nos anos 50 e van ata pouco antes do seu falecemento en 1979. O discurso expositivo pasa polos principais bloques temáticos do autor: as mulleres galegas, natureza e paisaxe, guerra e denuncia social e mitos, tradicións e lendas.
 
A exposición incorpora tamén unha sección de carácter pedagóxico que analiza as distintas facetas desenvolvidas ao longo da obra (pintor, gravador, ilustrador, cartelista) e os procedementos e técnicas empregadas. As coidadoras sentíronse encantadas coa actividade e foi unha boa oportunidade para aprender dunha forma amena un pouco máis da cultura e arte galega.
 
Agradecer a colaboración do Museo de Belas Artes da Coruña para levar a cabo esta actividade.