Actualidad

Fundación Mujeres imparte un taller para aumentar a confianza das mulleres na rede.Aprendendo a usar Internet de forma segura

Imagen noticia

As novas tecnoloxías poden achegar múltiples oportunidades e beneficios. Con todo, tamén entraña riscos. Como en moitos outros ámbitos, as mulleres presentan maior vulnerabilidade: as fendas dixitais de xénero poden dificultar o acceso á información e están expostas a estafas, roubos de contrasinais ou sufrir ciberacoso.

 

O pasado 26 de xuño e 3 de xullo Fundación Mujeres impartiu un taller para promover a participación das mulleres na tic no marco do  Servizo de Apoio Integral de Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
 
 
Durante as dúas sesións abordáronse os posibles riscos que poden atoparse as mulleres na internet de forma dinámica así como recomendacións e consellos para previlos.
 
 
Profundamos en aspectos como a privacidade en liña, a creación de contrasinais seguros, o ciberacoso, as fraudes na rede e o correo lixo (spam) entre outros.
 
 
Ao finalizar o taller, as usuarias manifestaron que así sentirán máis seguras no momento de acceder ás tecnoloxías xa que agora saben o que hai que facer para preservar a súa confidencialidade e privacidade.