Actualidad

O pasado martes día 22 retomamos o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras na área rural de Curtis-TeixeiroVolven os talleres do SAIC Rural a Curtis-Teixeiro

Imagen noticia

Fundación Mujeres volta na súa cuarta edición ao concello de Curtis-Teixeiro co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do medio rural.

Desta volta, contamos con 11 mulleres inscritas, algunhas son alumnas que xa coñecen o programa e queren continuar coa formación, mentres que outras achéganse por vez primeira aos talleres do SAIC Rural.

Nesta edición, levaremos adiante catro talleres distintos: “Rumbo á miña vida”, para traballar o apoderamento e a resiliencia; “Emocionarte, a arte das emocións”, para coñecer as diferentes emocións que existen e axudarnos a recoñecer as que habitualmente máis nos acompañan, entendendo por que aparecen e que nos indican;  “Dixitalizadas, manexo do móbil”, para dotarnos de ferramentas útiles para o manexo no día a día do teléfono móbil; e o Espazo de Participación Activa “Prevención do acoso de rúa”.

O Servizo estenderase desde o 22 de setembro ao 10 de novembro, nun total de 8 sesións grupais.