Actualidad

Desenvolvido por Fundación Mujeres co apoio da Deputación da CoruñaFinaliza o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

Imagen noticia

Un ano mais Fundación Mujeres levou a cabo con éxito o Servizo de Apoio a Coidadoras no Medio Rural pudiendo facer intervención nos seguintes Concellos: Bergondo, Curtis-Teixeiro, Ordes, Oroso, Melide, Cerceda, As Pontes, Cabanas, Laracha, Pontedeume e Abegondo.

As actividades tiveron maioritariamente carácter presencial, exceptuando aquelas realizadas durante o confinamento domiciliario debido ao decreto do estado de alarma ou por aumento de casos activos como foi no Concello de Melide.
 
Para alén, este ano e debido á situación de excepcionalidade que vivimos por mor da pandemia por COVID-19, fíxose evidente unha sobrecarga nas tarefas de coidados das mulleres coidadoras, ao vérense pechados os centros de día, e outros servizos dos que desfrutaban as persoas dependentes. Isto, sumado ao medo que moitas das mulleres tiñan pola posibilidade de seren contaxiadas e, pola súa vez, contaxiar ás persoas dependentes das que coidan, fixo que aumentase a dificultade para poder asistir á formación. Por iso, este ano os grupos foron un pouco mas reducidos que nos anos anteriores a excepción dos Concellos de As pontes e Melide. Precisamente por esta razón compre agradecer expresamente ás mulleres que participaron nos obradoiros que manifestaron a súa satisfacción no Programa mediante as enquisas de valoración.
 
Nestas enquisas podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para o desenvolvemento do programa nos diferentes concellos. Algunhas das valoracións recollidas foron:
 
  • Serviume para saír da casa e coñecer a persoas con preocupacións coma min.
  • Fago un paréntese na miña rutina diaria. Sobre todo tendo en conta que non podo agora mesmo (pola situación COVID) ser libre para elixir a miña actividade favorita.
  • Deime conta do moito que valemos as mulleres coidadoras
  • Estos talleres me serviron para ter máis coñecementos ante os coidados, con máis coñecementos máis fácil levar todo.
  • Estar con xente, socializar e mellorar o meu benestar persoal.
  • Saír da casa, estar coas compañeiras e divertirme un pouco nestes tempos tan difíciles.
  • Deime conta que son máis importante do que pensaba.
  • Transmito máis tranquilidade ós meus pais que é a quenes coido, cóidome eu máis para coidar aos demais e emocionalmente axudáronme en moitos aspectos.
  • Estes talleres son moi importantes para a vida diaria.
 
Por último, cómpre salientar novamente o reclamo por parte de todas as participantes da continuidade do Servizo, demandando unha maior duración do mesmo no tempo .
 
Agradecer ao persoal de Servizos Sociais e ao tecido asociativo destes Concellos que colaborou con Fundación Mujeres na posta en marcha do programa nestes territorios.