Actualidad

Un ano máis a Fundación Mujeres vólvese desprazar polos municipios coruñeses para dar continuidade ao seu proxecto de Servizo de Apoio as Mulleres Coidadoras no ámbito rural.A finais deste mes de novembro rematamos os obradoiros en Concellos coma As Pontes, Cerceda e Cabanas na provincia da Coruña.

Imagen noticia

Dende o 2013 desenrolamos distintos obradoiros de Activación Persoal e Social para mellorar a saúde e calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar.

Este programa volve triunfar por segundo ano consecutivo en As Pontes e Cerceda e da comezo en novas zoas rurais como en Cabanas.
 
Ao longo das sesións apréndense habilidades útiles para a vida cotiá, formas de autocoidado e destrezas comunicativas coma a asertividade e escoita activa; ferramentas necesarias para mellorar a autoestima das usuarias, fortalecer a súa autoconfianza e poñer límite aos malestares asociados ás tarefas do coidado.
 
Tamén se abordaron temáticas de Activación Dixital para o manexo das distintas utilidades do móbil e, para dar remate ó programa, abrimos un espazo de participación grupal sobre a Prevención do Acoso na rúa.
 
Engadir o noso agradecemento a tódalas usuarias participantes e a todo o persoal dos tres Concellos pola súa colaboración e entrega.