Actualidad

Coñecendo recursosFEGADACE colabora con Fundación Mujeres

Imagen noticia

A charla impartida o mércores 21 de xullo ás 10:30 por Carla Miranda, traballadora social de FEGADACE proporcionou información sobre as principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso.

Durante a súa intervención tamén falou dos factores que poden provocar un ictus. Aínda que é máis habitual en persoas adultas por riba dos 55 anos pode ocorrer a calquera idade. Polo tanto é fundamental estar alerta cos síntomas de alarma e actuar canto antes pode salvar vidas e evitar mais casos de discapacidade adquirida.
 
Asimesmo, durante o tempo de intervención a traballadora social presentou os resultados dun estudo elaborado pola Federación “O coidado informal no dano cerebral adquirido” onde pon de manifesto a perpetuación dos roles de xénero nos coidados non remunerados con familiares con esta discapacidade e as suás secuelas, tanto físicas como emocionais, derivadas das tarefas que require coidar a persoas con dano cerebral, renunciando en moitas veces ao emprego e reducindo o tempo de autocoidado.
 
FEGADACE conta con 5 asociacións a nivel autonómico con recursos disponibles para as persoas con dano cerebral adquirido para traballar nas diferentes fases da discapacidade.
 
Se estás interesada en coñecer estas e outras actividades que realizamos podes contactar connosco chamando ao 981 29 40 97 ou ao correo saicgalicia@fundacionmujeres.es