Actualidad

Os talleres lévanse a cabo no edificio da Senra os martes de outubro e novembroAs coidadoras de Bergondo participan nun itinerario formativo para mellorar o seu empoderamento persoal e a súa activación social

Imagen noticia

A mañá do martes 19 de outubro levouse a cabo o taller “Xestión do Tempo” no Concello de Bergondo impartido por Fundación Mujeres, nun entorno idóneo para a realización destes espazos, no edificio da Senra. As usuarias acudiron a esta sesión de xestión do tempo para favorecer o seu autocoidado, xa que resulta imprescindible este aspecto na relación diaria que manteñen coa persoa á que coidan.

 
A xestión do tempo resulta un factor moi relevante na vida das coidadoras, xa que o seu tempo está sempre supeditado ó da persoa coidada, deixándolles así pouco tempo para unha mesma á coidadora. Neste espazo puideron aprender unha organización diaria para encontrar tempo que dedicarse a elas mesmas, a realizar tarefas sen estar pendentes da outra persoa, a delegar e sobre todo, a encontrar un espazo para o descanso. Tamén se trataron temas como a xestión da culpa, saber dicir “non” e por límites as demandas excesivas, facerse conscientes das súas propias necesidades, … Así as cuidadanas tomaron conciencia do importante que é este autocoidado non só para elas mesmas senón tamén para a persoa que están a coidar.
 
Nas vindeiras sesións trataranse temáticas como escoita activa, autoestima, xestión emocional finalizando cun taller de prevención de acoso rueiro “Proxecto Stand Up”, enmarcado dentro dos actos de sensibilización realizados en torno ao día 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres).