Actualidad

Servizo cofinanciado pola Diputación da CoruñaFinalizan as actividades realizadas este ano no marco do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Imagen noticia

Talleres coma o de Saúde e Autocoidado, Autoestima, Xestión Emocional, Rumbo a miña vida, Escoita Activa, Xestión do tempo persoal, Relaxación ou Corresponsabilidade marcaron o itinerario escollido este ano para paliar as consecuencias negativas derivadas do rol das coidadoras, aínda máis acentuadas pola pandemia.

 

Ao longo deste ano a intervención levouse a cabo en localidades coma Bergondo, Ordes, Melide, Cerceda, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Laracha, A Pobra do Caramiñal, Narón, Fene, Arteixo e Culleredo. En total 13 Concellos onde o traballo en grupo convérteuse nunha ferramenta fundamental para fomentar o intercambio de experiencias e o establecemento de redes de apoio mutuo e asemade, para ofrecer ás usuarias un espazo de ceibe participación onde abordar en profundidade as temáticas a tratar.
 
Ademais, como valor engadido e no marco do Programa Digitalizadas, este ano tamén incluímos no itinerario unha formación en competencias dixitais básicas a través do móbil para que as mulleres da contorna rural desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e así contribuír a reducir a fenda dixital de xénero.
 
Ao peche destes talleres comprobouse, tal e como as participantes manifestaron, que esta experiencia foi moi positiva xa que, segundo comentaron, aprenderon a escoitarse e buscar máis tempo para atender a súas necesidades, aprenderon a mimarse e sentirse mellor consigo mesmas e compartir as súas emocións, en definitiva,  comezaron o seu propio autocoidado. 
 
Dende a Fundación Mujeres queremos dar as grazas, a todo o Persoal Técnico dos distintos Concellos nomeados así como asociacións coma As Berenguelas e AFADIS, pola súa implicación e polo seu esforzo na búsqueda da adecuada realización destes talleres, coidando as medidas e protocolos de actuación requeridos pola Covid-19.
 
Pola nosa parte contamos poder continuar coa colaboración coas distintas entidades e Concellos de cara ao vindeiro ano poder seguir coa nosa intervención coas usuarias no marco deste Servizo. Deste xeito, pretendemos seguir ofrecendo ás mulleres coidadoras á oportunidade de compartir, vivir e sobre todo sentirse protagonistas do seu empoderamento persoal e activación social.