Actualidad

Presentación de resultados 2021 e axenda 2022Servizo de Apoio Integral a Cuidadanas: resultados da intervención levada a cabo en 2021

Imagen noticia

O Servizo de Apoio integral a Cuidadanas, dirixido a mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia no entorno familiar, ten como obxectivo favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.

 
Para iso, no 2021 Fundación Mujeres levou a cabo accións de acompañamento e de formación sobre aspectos relacionados con todo o que traballamos no Servizo: os coidados e as coidadoras, o autocoidado, a participación social e laboral, a corresponsabilidade, e recursos do territorio.
 
Durante o pasado ano, grazas ao apoio financeiro recibido por parte da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e os Concellos da Coruña e Bergondo, puidéronse desenvolver as actuacións do Servizo en 18 municipios das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
 
Ao longo de  2021 atendéronse a  473 mulleres das cales, 368 desenvolveron os seus itinerarios de activación, participando en varias das accións do Servizo. En total, 347 mulleres recibiron acompañamento individualizado durante o seu proceso de empoderamento e activación para que puidesen alcanzar os obxectivos expostos no seu Plan de Acción, atendendo ás súas circunstancias e dificultades particulares. Así mesmo, leváronse a cabo 80 talleres e 42 Espazos de participación (ESPA) nos que teñen participado un total de 291 mulleres.
 
Para coñecer mais información sobre os resultados podes consultar o informe de difusión que se atopa adxunto a esta noticia.
 
Dende a Fundación Mujeres queremos dar as grazas, a todo o Persoal Técnico dos distintos Concellos así como as entidades colaboradoras, pola súa implicación e polo seu esforzo na búsqueda da adecuada realización do Servizo, coidando as medidas e protocolos de actuación requeridos pola Covid-19.
 
En 2022 continuamos co Servizo de Apoio Integral a Cuidadanas na comunidade autónoma de Galicia de cara a continuar fomentando o empoderamento persoal e a activación social e laboral das mulleres que como consecuencia dos coidados teñan abandonado ou relegado a un segundo plano o seu proxecto vital. Se queres informarte ou coñecer as actividades que temos programadas podes consultar a nosa axenda ou chamar ao 981 294 097 (ext. 6001).
 
 
ESPERÁMOSCHE!