Actualidad

Empoderamento e activaciónRematan os itinerarios formativos do primeiro semestre dirixidos ás mulleres coidadoras de A Coruña

Imagen noticia

Dende Fundación Mujeres puxéronse en marcha unha serie de obradoiros no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado polo Concello da Coruña, co fin de brindar atención ás coidadoras non profesionais da cidade.

 

Os obradoiros desenvolvéronse nos meses de maio e xuño en distintos espazos municipais, coma o Forum Metropolitano e o CC. Novoboandanza así como outro en colaboración con ADCOR no seu centro dos Rosales. As temáticas tratadas, adaptadas ás necesidades das usuarias participantes, versaron sobre a saúde e o autocoidado, a mellora e fortalecemento da autoestima, a procura da relaxación corporal e mental a través da respiración e a resolución asertiva dos conflitos familiares, así coma a identificación e xestión do sentimento de culpa. 
 
Ademais, leváronse a cabo actividades de reforzo coma a visita cultural ao Museo de Belas Artes e charlas sobre o uso axeitado dos medicamentos ou o afrontamento positivo do coidado, tendo moi boa acollida por tódalas usuarias e quedando previsto organizar máis actividades nesta liña ao longo do verán no Concello de A Coruña. 
 
As mulleres asistentes mostráronse moi implicadas co grupo e cas temáticas traballadas, ademais de participativas en cada unha das sesións impartidas. Agradeceron os coñecementos achegados durante os diferentes obradoiros, tal e como se viu reflexado nas valoracións dos cuestionarios realizados ao rematar, ademais de mostrar interese por tratar outras temáticas relacionadas co seu autocoidado físico, emocional e social.