Actualidad

508 mulleres atenderonse en Cuidadanas en 2022Servizo de Apoio Integral a Cuidadanas: resultados da intervención levada a cabo en Galicia no 2022

Imagen noticia

O Servizo de Apoio integral a Cuidadanas, dirixido a mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia no entorno familiar, ten como obxectivo favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.

Desde Fundación Mujeres queremos compartir os resultados obtidos durante o año 2022, durante o cal levaronse a cabo accións de acompañamento e de formación sobre aspectos relacionados con todo o que traballamos no Servizo: os coidados e as coidadoras, o autocoidado, a participación social e laboral, a corresponsabilidade ou os recursos do territorio, entre outros.
 
Durante o 2022, e gracias ao apoio financeiro recibido por parte do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 , da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e dos Concellos de Bergondo e da Coruña puidéronse desenvolver as actuacións do Servizo nas que participaron mulleres de 24 municipios das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra .
 
Ao longo de 2022 atendéronse a  508 mulleres das cales, 418 desenvolveron os seus itinerarios de activación, participando en varias das accións do Servizo. En total, 488 mulleres recibiron acompañamento individualizado durante o seu proceso de empoderamento e activación para que puidesen alcanzar os obxectivos expostos no seu Plan de Acción, atendendo ás súas circunstancias e dificultades particulares. Así mesmo, leváronse a cabo 99 talleres e 36 espazos de participación (ESPA).
 
No documento adxunto poderá acceder a información máis detallada sobre os resultados obtidos durante o ano 2022.
 
En 2023 continuaremos co Servizo de Apoio Integral a Cuidadanas na comunidade autónoma de Galicia de cara a seguir fomentando o empoderamento persoal e a activación social e laboral das mulleres que, como consecuencia dos coidados, teñan abandonado ou relegado a un segundo plano o seu proxecto vital. 
 
Se queres informarte ou coñecer as actividades que temos programadas podes consultar a nosa axenda ou chamar al 981 294 097 (ext. 6001).
 
                                                        Esperámoste!